As bibliotecas máis fermosas do mundo

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2014

Diego Arboleda obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2014 pola súa novela Prohibido ler a Lewis Carroll. Este galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o pasado ano 2013.
Este libro narra a historia de Eugéne Chignon, unha nova institutriz francesa que en 1932 viaxa ata Nova York para coidar dunha nena,Alice, cuxa desatada paixón polo mundo creado por Lewis Carrollprovocou que os seus pais lle prohiban ler os seus libros.
A primeira misión de Eugéne será evitar que Alice se decate de queAlice Liddell, a auténtica Alicia que inspirou a Lewis Carroll, agora con oitenta anos, vai visitar a cidade para recibir unha homenaxe.
Eugéne Chignon comprobará que as estrañas casualidades, os personaxes extravagantes e as situacións absurdas non son só patrimonio do País das Marabillas, senón que se encontran a miúdo no noso mundo e especialmente nesa casa.
A comedia disparatada e os datos históricos (reais e a pesar diso aínda máis disparatados) teñen cabida nesta novela, na que a trangallada, ese nonsense tan emblemático de Carroll, acaba tendo moito sentido.
Diego Arboleda (Ilustración de Raúl Sagospe)
                          Autorretrato de Raúl Sagospe, ilustrador do conto (dcha.) xunto a Diego Arboleda, autor (izda.)(debuxo do blog de Anaya Infantil y Juvenil)

A nota de prensa do Ministerio de Educación e Cultura do pasado día 14 de outubro di textualmente:

"O Xurado decidiu premiar a obra de Diego Arboleda por ser unha obra extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,".

Se queredes  saber mais  sobre  Diego Arboleda e os seu libros premede nesta frase :
Mais libros de Diego Arboleda 

Se queredes leer algo dos  seus libros facede clic en cada título e despois premede nesta icona  e poderedes escoller o libro que vos interesa para ler un anaco.


   
















Publicar un comentario

0 Comentarios